Oterritorio Ferrol-Ortegal conta desde o inicio do Plan de Dinamización do Produto Turístico cunha excepcional contorna natural e un patrimonio histórico-cultural, cunha oferta deportiva e gastronómica indiscutible en Galiza.
Pablo Villamar Díaz, Presidente da Comisión de Promoción Económica e Turismo de la Diputación de A Coruña
Oterritorio Ferrol-Ortegal conta desde o inicio do Plan de Dinamización do Produto Turístico cunha excepcional contorna natural e un patrimonio histórico-cultural, cunha oferta deportiva e gastronómica indiscutible en Galiza. Realizar a estruturación e a posta en valor desta nosa riqueza supuxo o principal desafío no labor de dinamización turística. A asunción de potencialidades e a concienciación sobre as oportunidades que se desprenden dos seus recursos - explotados e latentes -, foi e segue a ser a base das accións estratéxicas no campo da dinamización turística.
Teño o convencemento de que para a nosa comarca o sector industrial, marisqueiro, enerxético, téxtil e fundamentalmente o sector naval, foron e deberán seguir sendo o piar da economía comarcal, un motor creador de riqueza, de emprego e calidade de vida. Pero tamén estou convencido de que o turismo é xa un importante sector económico que está a contribuír a diversificar a nosa economía.
Para desenvolver as potencialidades turísticas foron e son necesarias estratexias referidas ao aumento da calidade do produto, liñas de promoción, comunicación e imaxe de marca, mellora da comercialización e o desenvolvemento das estruturas de xestión do turismo.
Esta tarefa foi necesaria para estruturar unha oferta que xa existía ou estaba latente, pero ademais era necesario a diversificación e a desestacionalización. Diversificación para realizar unha oferta de produtos turísticos diversos, plurais ou integrados, que respondan a unha demanda cada vez máis segmentada. E desestacionalización para atopar fórmulas que fagan atractiva a afluencia en tempadas distintas da tradicional época estival e Semana Santa, e en calquera caso, que incremente a afluencia de visitantes con independencia das condicións climatóloxicas e da época do ano, a fin de xerar riqueza e estabilidade no emprego.
Cando se deseñaba este Plan de Dinamización, entendía -e hoxe estou máis seguro diso- de que este destino turístico só ten futuro se non alimentamos os localismos. Temos plena confianza, por outra banda, de que entre todos os concellos que forman parte deste Plan e a Comarca do Eume -que está chamada tamén a integrarse- podemos constituír unha forte e atractiva oferta turística de primeiro orde.
O desenvolvemento deste Plan foi unha experiencia exitosa á hora de compartir unha política de turismo que pode ser facilmente exportable a outros sectores económicos. Penso que tamén está a resultar exitosa a colaboración entre a administración estatal, a galega, a deputación, os concellos e o sector profesional privado do turismo, ao que vexo profundamente ilusionado.
Unha última reflexión: non debemos ter medo a que sexan os profesionais do sector turístico da comarca os que teñan un papel máis destacado á hora de programar as futuras estratexias para o destino. O futuro está na unidade de acción de Ferrol-Eume-Ortegal, coas súas propias singularidades, pero baixo un paraugas común, que será, sin dúbida, o ente xestor que garantice esa política común en turismo.
Si lo desea, puede utilizar el siguiente buscador para refinar su búsqueda.
Consulta desde aquí la información meteorológica en nuestro entorno y los lugares de interés
Todo el equipo de Náutica Cedeira s.l, os desea de corazón unas muy felices fiestas y lo mejor de lo mejor para el 2012...
Náutica Cedeira, lanza una campaña muy atractiva en remotorizaciones y compra de motores fueraborda.
Un correcto invernaje de tu embarcación ten por seguro que te ahorrará muchos costes a la larga. Nuestro servicio de invernaje de embarcaciones y motores engloba un montón de trabajos importantísimos para asegurar una larga vida a tu barco.
Naútica Cedeira - Polígono Industrial A Xunqueira, Cedeira (A Coruña) - España
Telf.981 49 22 12 / Fax. 981492267 / info@nauticacedeira.com